lunes, 13 de junio de 2016

Adentrámonos no Nautilus

O pasado luns 6 de xuño os nenos e nenas de 3 anos fumos á Casa dos Peixes, onde puidemos aprender un montón de cousas sobre os diferentes animais mariños que alí viven.

Vimos a diferencia entre as mantas e as aguias de mar, puidemos comprobar como son de rugosas as estrelas de mar, incluso tocamos a pel dunha quenlla para descubrir que é áspera!

Ademáis tamén puidemos ver como daban de comer ás quenllas, aos peixes e ás focas.

Foi un día cheo de experiencias!