martes, 3 de noviembre de 2020

COMO QUEREMOS QUE APRENDAN OS NOSOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS

 


Queridas familias:

Despois de varios meses de desconexión no blogue, estamos de volta para cumplir o noso compromiso coas familias das alumnas e alumnos de 5 anos.

Na reunión de principio de curso informámosvos que, ao longo deste primeiro trimestre, faríamosvos chegar información sobre o Proceso de Lectoescritura na etapa de Educación Infantil

Por aquí vos deixamos uns apuntes cos apartados que, as mestras do nivel, consideramos máis relevantes sobre este punto e tamén sobre as Normas, o Afecto e o noso Método de traballo

Benvidos e benvidas de novo!!

PINCHA AQUÍ PARA DESCARGAR O DOCUMENTO "APRENDIZAXE 5 ANOS"


lunes, 2 de noviembre de 2020

NAVIDAD ROCK

Boas familias!

Este ano o Nadal tócanos preparalo con moita antelación polas circunstancias sanitarias. 

A actividade que imos levar a cabo consiste en gravar unha actuación cos nenos/as. Ésta formará parte dunha montaxe de vídeo con todas as clases participantes, que desfrutaremos a modo de Festival de Nadal.

Como isto precisa de moito tempo de preparación, a actuación ten que ser gravada antes do día 20 de novembro. Por tanto, pedímosvos que o día 18 de novembro veñan vestidos con estilo roqueiro (roupa negra, pelo engominado... o que se vos ocorra) pero sen ningún tipo de complemento (guitarras, sombreiros...), xa que a canción que imos interpretar é NAVIDAD ROCK (abaixo xa vos deixamos o vídeo para que vaiades practicando)

Como sempre, moitísimas grazas.

As mestras de 5 anos.



jueves, 18 de junio de 2020

DESPEDIDA CURSO 2019/20 ¡¡¡FELIZ VERÁN!!!!


Ola familias,

“Unha imaxe vale máis que mil palabras”
Con imaxes queremos despedirnos deste inesperado curso 2019/20.
Todo o equipo de Educación Infantil queremos enviarvos o noso cariño e os mellores desexos de goce para este verán.
Ós nenos e nenas de 3 e 4 anos volveremos velos en setembro, aos de tres nas mesmas aulas e aos de catro xa no andar dos maiores. Seguro que vos atoparemos máis altos, máis morenos e con moita enerxía.
Ós nenos e nenas de 5 anos desexámoslles un venturoso paso a Primaria.
Felicidades!
Moitos bicos para todos e todas!

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS




DESPEDÍMONOS ATA O CURSO QUE VEN
A nosa compañeira Mercedes, en nome de todo o equipo de Educación Infantil, pon o broche final ao curso con esta poesía do verán:


Entre la primavera y el otoño,

ha nacido una estación.

Todos la llaman verano,

con ella llega el calor.

El sol siempre la acompaña,

pero las lluvias no.

Así que si quieres agua

tendrás que darte un chapuzón.

En la piscina o en la playa

se está mucho mejor.

Busca una buena sombra,

para protegerte del sol.

Yo ya he sacado las gafas,

la crema y el bañador.

Las vacaciones empiezan,

el colegio terminó.

domingo, 14 de junio de 2020

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

Ola familias!
Como cada ano, por estas datas, toca despedir o curso. Se estivésemos no cole seguro que faríamos variadas e divertidas actividades todos xuntos coas que gozaríamos moito, pero polas circunstancias que nos tocou vivir, o desenvolvemento do terceiro trimestre foi diferente ao programado e o remate do curso tamén.
O inicio do verán está preto e tamén o tempo de sol, praia, excursións, viaxes, xogos,... Pasádeo moi ben sen deixar de cumprir as normas sanitarias. Sempre con sentidiño!!
Desexámosvos un bo verán para tod@s e unha feliz e normalizada volta ás aulas no mes de setembro.
A proposta de actividades que a continuación vos detallamos, estarán relacionadas con esta estación do ano: O VERÁN.

Esperamos que vos gusten.
DÁMOSLLE A BENVIDA AO VERÁN

INAUGURADA A TEMPADA DE XEADOS
No seguinte enlace atoparedes unha receita do máis fresquiña, doce e nutritiva..... que ben sentan os xeados!!!!

A NAVEGAR!!!!
Clicando na imaxe atoparedes os materiais necesarios para fabricar estes barquiños de corcho tan xeitosos. Poñédeos a proba facéndoos flotar en distintos recipientes, na piscina,...

PARA @S MÁIS CIENTÍFIC@S: "O OVO SALTARÍN"


Materiais:
- Ovo
- Vinagre
- Colorante alimenticio (opcional)

Preparación:
Introducimos un ovo con coidado nun recipiente de cristal e cubrímolo de vinagre. Pechamos e deixamos repousar dous ou tres días (un mínimo de 48 horas). Nese tempo poderemos observar que vai aumentando de tamaño e a casca vaise desprendendo. Pasado o tempo adecuado sacamos e lavamos o ovo con auga fría para retirar os restos de casca. Poderemos comprobar entón como se volveu elástico e que rebota ao lanzalo con suavidade.
Opcionalmente podemos engadir unhas pingas de cor ao vinagre con colorante alimenticio, que tinguirá a superficie do ovo dándolle un aspecto de fantasía.

Outra información:

O ovo aguanta pequenos rebotes, polo que convén lanzalo sobre unha bandexa para recollelo facilmente cando rompa. Se lle botamos o colorante cando estaba dentro do vinagre, observaremos que ao romper a clara terá o ton desa cor engadida, pero en cambio a xema seguirá sendo amarela.


UN VERÁN EN GALEGO
Os ratiños de biblioteca preparáronnos unha "Guía de lectura" moi especial para este verán!! poderedes consultar as últimas novidades (por idades) na súa última publicación no blogue BIBLIOEUSEBIO

INFORMACIÓN IMPORTANTE
  • Ao longo deste mes, informarémosvos da publicación da listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021
  • Como esta semana despedimos o curso, o venres 19 realizaremos unha última publicación, estade moi atentas familias!!!!