viernes, 6 de marzo de 2020

OVOS DE PASCUA

OVOS DA PASCUA

Esta actividade podédela realizar durante este días de Semana Santa que nos toca quedar na casa:

1. Imprimir os ovos de Pascua do seguinte pdf ou uns que vos gusten (podédelos facer tamén en cartolinas, cartón,... )

2.Decorar ao voso gusto cos materiais dos que dispoñades e prefirades: rotuladores, pinturas,témperas ou acuarelas, teas, papeis de cores, lá, revistas, xornais, botóns, plastilina, legumbres, pasta,...

3. Recortar cada ovo con moito coidado

4. Debuxar por detrás algo que vos guste ou escribir unha palabra ou mensaxe bonita (en función da etapa de lectoescritura de cada ún)

5. Momeno de xogo en familia. Escondede  os ovos pola casa  e pedide á familia que os busquen. Cando vexan e/ou lean o que hai  detrás do ovo, seguro que lles fai moita ilusión!!

Podedes sumarvos á elaboración dos ovos todos os membros da familia e escondelos pola casa. Haberá que adiviñar de quen é o ovo atopado. E finalmente reconto dos ovos atopados pola casa, falta algún??