martes, 10 de diciembre de 2019

FESTIVAL DE NADAL

Xa case estamos chegando a estas datas tan esperadas e desexadas por todos; e non podía faltar o festival de Nadal que celebramos tódolos anos no cole.
Para ese día (xoves 19 de decembro), o alumnado de 4 anos estamos ensaiando a canción de "O pirata Metepata", pois consideramos que é unha boa maneira de finalizar o proxecto sobre os piratas.
Animámosvos a que ensaiedes  na casa esta canción; aínda que a maioría xa a sabe case toda de memoria.



Para ir ben caracterizados, pedímosvos que o día xoves 19 veñan vestidos con pantalón escuro (preferiblemente negro), camiseta ou polo branco e traian pintado (opcionalmente) un ollo negro a modo de parche e barba. O que o desexe, tamén pode traer unha bufanda ou pano vermello atado á cintura.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!