Como ben sabedes, este primeiro trimestre (os nenos e nenas de 4 anos) estivemos a facer un gran traballo de investigación sobre os piratas.
Todo comezou con aquela saída á praia do Orzán, alá polo mes de outubro, no que atopamos a mensaxe secreta dun tal pirata "METEPATA"
Descubrimos moitas cousas sobre eles e superamos moitos retos e probas que o pirata nos foi deixando no seu cofre misterioso.
Finalmente conseguimos o seu tesouro depois de superar duras e perigosas probas.
