lunes, 9 de mayo de 2016

Letras Galegas

Como ben sabedes, o vindeiro martes 17 é o día das Letras Galegas, no que se homenaxea a Manuel María, polo que non teremos clase nin luns, nin martes.

Non esquezades cargar as pilas nesta ponte para volver cheos de enerxía, que xa non queda nada de curso e o verán xa está chamando á porta.

Ademáis queremos recordarvos que celebraremos no cole un festival con motivo das Letras Galegas o vindeiro venres 27 de maio, ao que asistirá o alumnado do centro para ver as actuacións do resto de grupos do cole.