Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Avisos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Avisos. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de junio de 2016

Saída ao Albergue de Gandarío

O vindeiro Venres 17 de Xuño o alumnado de 3 e 4 anos fará unha saída ao Albergue de Gandarío, onde realizaremos diferentes xogos e obradoiros en grupos reducidos. Estas actividades serán levadas a cabo por monitores especializados e supervisadas polas mestras acompañantes. Sairemos do centro sobre ás 9:15 horas polo que vos rogamos máxima puntualidade. Recomendámosvos que as rapazas e rapaces leven roupa cómoda e/ou deportiva, unha gorra, merenda fácil de comer e botella de auga. É moi importante que lles botedes crema solar antes de saír da casa. E non vos esquezades de que o máis importante é que os vosos fillos e fillas traian moitas ganas de pasalo ben!

miércoles, 25 de mayo de 2016

Roupa festival Letras Galegas

Este venres 27 celebraremos o festival das Letras Galegas no cole para o alumnado do centro, para o que os nenos e nenas de 3 anos (A, B e C) deberán vir vestidos con pantalón vaquero e camiseta/xersei de cor vermella ou dunha tonalidade similar (pode ter debuxos).

Moitas grazas pola vosa colaboración.

martes, 24 de mayo de 2016

Festival das Letras Galegas

O próximo Venres 27 celebramos o Festival das Letras Galegas. Para a actuación, os rapaces e rapazas de 4 anos (A, B e C) virán vestidos cun pantalón vaquero e unha camiseta ou xersei branco (non importa se ten algún debuxo). Ese día poden vir sen mandilón. Grazas pola vosa colaboración

viernes, 13 de mayo de 2016

Saída á Lagoa de Eirís

A visita das rapazas e rapaces de 4 anos A e C e 5 anos C foi aprazada para o vindeiro Luns 13 de Xuño a causa da chuvia. Esperamos que a climatoloxía nos axude a próxima vez!

lunes, 9 de mayo de 2016

Letras Galegas

Como ben sabedes, o vindeiro martes 17 é o día das Letras Galegas, no que se homenaxea a Manuel María, polo que non teremos clase nin luns, nin martes.

Non esquezades cargar as pilas nesta ponte para volver cheos de enerxía, que xa non queda nada de curso e o verán xa está chamando á porta.

Ademáis queremos recordarvos que celebraremos no cole un festival con motivo das Letras Galegas o vindeiro venres 27 de maio, ao que asistirá o alumnado do centro para ver as actuacións do resto de grupos do cole.