martes, 7 de junio de 2016

Saída ao Albergue de Gandarío

O vindeiro Venres 17 de Xuño o alumnado de 3 e 4 anos fará unha saída ao Albergue de Gandarío, onde realizaremos diferentes xogos e obradoiros en grupos reducidos. Estas actividades serán levadas a cabo por monitores especializados e supervisadas polas mestras acompañantes. Sairemos do centro sobre ás 9:15 horas polo que vos rogamos máxima puntualidade. Recomendámosvos que as rapazas e rapaces leven roupa cómoda e/ou deportiva, unha gorra, merenda fácil de comer e botella de auga. É moi importante que lles botedes crema solar antes de saír da casa. E non vos esquezades de que o máis importante é que os vosos fillos e fillas traian moitas ganas de pasalo ben!