Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta PROM. 2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROM. 2018. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de noviembre de 2020

COMO QUEREMOS QUE APRENDAN OS NOSOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS

 


Queridas familias:

Despois de varios meses de desconexión no blogue, estamos de volta para cumplir o noso compromiso coas familias das alumnas e alumnos de 5 anos.

Na reunión de principio de curso informámosvos que, ao longo deste primeiro trimestre, faríamosvos chegar información sobre o Proceso de Lectoescritura na etapa de Educación Infantil

Por aquí vos deixamos uns apuntes cos apartados que, as mestras do nivel, consideramos máis relevantes sobre este punto e tamén sobre as Normas, o Afecto e o noso Método de traballo

Benvidos e benvidas de novo!!

PINCHA AQUÍ PARA DESCARGAR O DOCUMENTO "APRENDIZAXE 5 ANOS"


lunes, 2 de noviembre de 2020

NAVIDAD ROCK

Boas familias!

Este ano o Nadal tócanos preparalo con moita antelación polas circunstancias sanitarias. 

A actividade que imos levar a cabo consiste en gravar unha actuación cos nenos/as. Ésta formará parte dunha montaxe de vídeo con todas as clases participantes, que desfrutaremos a modo de Festival de Nadal.

Como isto precisa de moito tempo de preparación, a actuación ten que ser gravada antes do día 20 de novembro. Por tanto, pedímosvos que o día 18 de novembro veñan vestidos con estilo roqueiro (roupa negra, pelo engominado... o que se vos ocorra) pero sen ningún tipo de complemento (guitarras, sombreiros...), xa que a canción que imos interpretar é NAVIDAD ROCK (abaixo xa vos deixamos o vídeo para que vaiades practicando)

Como sempre, moitísimas grazas.

As mestras de 5 anos.



miércoles, 4 de marzo de 2020

PATRULLA ECOLÓXICA!!!!

A "Balea Azul" Macarena, chegou ás costas coruñesas na búsqueda de axuda para salvar á súa especie e a de milleiros de animais máis que habitan o noso planeta.
Ésta foi a súa mensaxe:

As nenas e nenos de 4 anos decidimos convertirnos en "PATRULLAS ECOLÓXICAS" e axudar a Macarena e tódolos animais en perigo de extinción.
Reciclar, Reutilizar e Reducir  o lixo que xeramos é clave para minimizar a contaminación e facer da Terra un lugar máis limpo no que convivir tódalas especies.; e iso é o que XA comezamos a facer nas nosas clases.

ADIANTE PATRULLA ECOLÓXICA!!!!!


martes, 10 de diciembre de 2019

FESTIVAL DE NADAL

Xa case estamos chegando a estas datas tan esperadas e desexadas por todos; e non podía faltar o festival de Nadal que celebramos tódolos anos no cole.
Para ese día (xoves 19 de decembro), o alumnado de 4 anos estamos ensaiando a canción de "O pirata Metepata", pois consideramos que é unha boa maneira de finalizar o proxecto sobre os piratas.
Animámosvos a que ensaiedes  na casa esta canción; aínda que a maioría xa a sabe case toda de memoria.



Para ir ben caracterizados, pedímosvos que o día xoves 19 veñan vestidos con pantalón escuro (preferiblemente negro), camiseta ou polo branco e traian pintado (opcionalmente) un ollo negro a modo de parche e barba. O que o desexe, tamén pode traer unha bufanda ou pano vermello atado á cintura.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!

PROXECTO: PIRATAS

Ola familias!
Como ben sabedes, este primeiro trimestre (os nenos e nenas de 4 anos) estivemos a facer un gran traballo de investigación sobre os piratas.
Todo comezou con aquela saída á praia do Orzán, alá polo mes de outubro, no que atopamos a mensaxe secreta dun tal pirata "METEPATA"



Descubrimos moitas cousas sobre eles e superamos moitos retos e probas que o pirata nos foi deixando no seu cofre misterioso.




Finalmente conseguimos o seu tesouro depois de superar duras e perigosas probas.



                             

lunes, 25 de noviembre de 2019

Contra a violencia de xénero


A semana do 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional contra a violencia de xénero. O alumnado de 4 anos quixemos simbolizar o noso rexeitamento á violencia con esta árbore de mans moradas. Na entrada principal do cole houbo ademais unha exposición de libros inclusivos e temáticas relacionadas.
Podedes acceder ao enlace do conto "Los colores", que estivemos traballando na aula, clicando na imaxe.





martes, 10 de septiembre de 2019

BENVID@S AO NOVO CURSO 2019-2020

Despois do verán toca comezar un novo curso, agora xa como grupos de 4 ANOS!!! e é que estes pequenos medran moi rápido!!
Xa temos todo preparado para aprender, investigar, compartir e emocionarnos xuntos un ano máis. Estamos convencidas de que eles xa traen na mochila toda a ilusión do mundo!!
Bo comezo!!

lunes, 9 de septiembre de 2019

ANIVERSARIOS 3º TRIMESTRE

Moitas felicidades aos que durante o terceiro trimestre e este verán celebrástedes o voso 4º aniversario. Parabéns!!!

domingo, 28 de abril de 2019

PIRIPIPÍ PIRIPIPÍ ESTO BÁILASE ASÍ

Ola familias!!
Este último trimestre comezámolo  con moitas ganas de BAILAR.
En concreto, ao ritmo da  canción "Esto báilase así"do disco "Uxía Lambona e a Banda Molona" que escollemos para a celebración do Día das Letras Galegas.


Aquí vos deixamos un enlace para que vaiades practicando na casiña este baile con tanto ritmo.
A MOVER O CORPIÑO!!!!!!!!!


martes, 26 de febrero de 2019

viernes, 30 de noviembre de 2018

O OUTONO COS CINCO SENTIDOS

O mes de novembro foi o mes estrela desta estación chea de cores, aromas e elementos naturais que espertaron un sen fin de sensacións e percepcións que non deixaron indiferentes aos nosos sentidos.


Pouco a pouco o corredor e as nosas aulas fóronse enchendo de follas, ourizos, froitos, landras cogomelos e pinabetas que fixeron posible observar moi de preto a riqueza sensorial desta estación.


Unha oportunidade para escoitar sons e observar


Explorar cores, formas, texturas e tamaños

Experimentar e crear




E ulir e saborear os froitos de tempada



lunes, 26 de noviembre de 2018

25 NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As aulas de infantil sumámonos a esta causa co  estampado de mans, que logo pasou a formar parte dun gran mural reivindicativo no que participamos todo o colexio.



domingo, 11 de noviembre de 2018

COMEZAMOS CURSO 2018!!!!

Ola familias;
Un ano máis, as pulguiñas máis pequenas de infantil, teremos una espazo propio no que amosar todo o noso potencial.

Éste curso 2018-19 as clases de 3 anos somos:

LACIÑOS FUCSIA

LACIÑOS AMARELOS 

LACIÑOS MORADOS



E así nos retrataron as nosas mestras os primeiros día de cole...








Este recanto do blog será esa xanela na que poderedes ver as cousas que facemos coas nosas profes, todo o que aprendemos na escola e as experiencias que vivimos xuntos.
Non esquezades  botar un ollo de cando en cando para ver o que argallamos no cole.

Un bico cheo de ilusión de parte de todos/as nós!