viernes, 30 de noviembre de 2018

O OUTONO COS CINCO SENTIDOS

O mes de novembro foi o mes estrela desta estación chea de cores, aromas e elementos naturais que espertaron un sen fin de sensacións e percepcións que non deixaron indiferentes aos nosos sentidos.


Pouco a pouco o corredor e as nosas aulas fóronse enchendo de follas, ourizos, froitos, landras cogomelos e pinabetas que fixeron posible observar moi de preto a riqueza sensorial desta estación.


Unha oportunidade para escoitar sons e observar


Explorar cores, formas, texturas e tamaños

Experimentar e crear




E ulir e saborear os froitos de tempada