miércoles, 1 de abril de 2020

TAREFAS PARA ALUMNADO 5 ANOS


TAREFAS RECOMENDADAS

      Antes de nada, querémosvos transmitir a importancia de que os nenos e as nenas manteñan ao longo do día unhas rutinas que lles axuden a orientarse no espazo e no tempo, alternando periodos de xogo, libre ou dirixido, coas actividades de descanso, hixiene e alimentación.
      Destacando a importancia do xogo, éste debe ser a súa actividade principal, xa que nestas idades supón a canle de aprendizaxe e de relación co mundo que lles rodea.
      Sabemos que dispoñedes xa de moitos recursos, pero por se vos serve de axuda mandámosvos algunhas recomendacións e suxerencias para estes días.
      Non son para facer todas á vez. Podedes elixir as que consideredes máis motivadoras segundo o momento concreto.

LECTOESCRITURA:
ü  Escribir os nomes dos nenos e nenas da clase (dos que se acordan), agrupalos pola súa inicial, pola letra final. Igual cos nomes dos membros da familia, amigos. Facer muráis con estes nomes. Se tedes letras magnéticas tamén poden construilos ou mesmo moldealos con plastilina. Poderán facelo en letra maiúscula ou minúscula.

ü  Escribir listas de:
Xogos favoritos
Animais favoritos
Lista da compra
Títulos de contos
Amigos ou compañeiros da clase ou do parque
Normas da clase / Normas da casa
Recomendacións para coidar o noso planeta…

ü  Lédelles un conto cada día
ü  Escribir notas a os membros da familia e pegalas nas portas das súas habitacións.
ü  Escribir un texto no whatsapp (ou a firma polo menos) a un amigo, familiar…
ü  Falar por teléfono cos avós e avoas, curmáns… ou unha videochamada.
Usar as fórmulas de cortesía ao iniciar e rematar a chamada.
ü  Mirar pola xanela, o ceo, as nubes, a xente (se é o caso), os coches aparcados e as súas cores, os edificios… Tentar escribir o que ven ou ben debuxalo (ou ambas cousas).


LÓXICA MATEMÁTICA
ü  Marcar o número de teléfono da avoa, tío, amigo…
ü  Clasificar os cubertos, ordenar o seu armario, os xoguetes…
ü  Asociar os números do 1 ao 9 coas cantidades correspondentes: Poñer ao lado do número a cantidade de obxectos (pegatinas, legumes, pinzas de colgar a roupa…)
ü  Armar quebracabezas, construccións, dominós, cartas de familias, cromos, memory, …


MOTRICIDADE FINA
ü  Abrochar botóns
ü  Pechar e abrir tapons de botellas
ü  Pelar patacas (sempre coa supervisión dun adulto)
ü  Manexar o lapis, ceras de cores finas e grosas, rotuladores…
ü  Manipular a plastilina.


TAREFAS COTIÁS
ü  Facer unha receita
ü  Facer a cama (axudar), meter a roupa sucia na lavadora e a limpa no armario, barrer, poñer a mesa, gardar os cubertos do lavalouzas,
ü  Continuade cos hábitos de reciclar-reusar-reducir.

XOGO SIMBÓLICO
ü  ¡Non esquezades o xogo simbólico, fundamental nesta etapa!: supermercado, garaxe, medios de transporte, casiña, bonecos, disfraces, animais, granxas, médicos, superherois, restaurante, ou mesmo uhna caixa de cartón… 

CREATIVIDADE
ü  Plastilina, pintar, facer muráis.
ü  Imprimir debuxos, pintalos, recortalos e pegalos facendo muráis ou carteis.
ü  Facer  colares e pulseiras con macarrones pintados.
ü  Facer maracas con legumes dentro dunha botella de plástico e pintalas ou decoralas con pegatinas.
ü  Recortar con TESOIRAS de revistas, debuxos ou fotos.

RECURSOS NA REDE
(nesta páxina podedes atopar tamén fichas para traballar os diferentes contidos curriculares: letras, números, conceptos…)

ü  Conto para explicar aos nenos e nenas o coronavirus ou outros virus do Colexio oficial de Psicólogos de Madrid:                                                                        https://www.copmadrid.org/web/publicaciones/rosa-contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-y-otros-posibles-virus
ü  Herramienta educativa de Radiotelevisión Española Educlan     https://www.rtve.es/educlan/
ü  Relaxación activa para os pequenos e pequeñas e a familia: https://youtu.be/sIbdc-lNXjU  YOGIC / Yoga para niños - Cápsula "Viaje al Bosque Encantado" Juegos y canciones infantiles.
ü  Canal de OCO en youtube: Contos de esta editorial en youtube https://www.youtube.com/channel/UCEfA7SyrMlfXAXF_-tp1uVQ
ü  Para escoitar contos: https://www.kalandraka.tv/
ü  Para facer manualidades: www.krokotak.com (atoparedes traballos creativos sinxelos con plantillas imprimibles ou mesmo para facer con materiais de refugallo que seguramente teredes na casa)
ü  Curtas en youtube:
o   Yoy and Heron:
o   Ice Peper ERMA 2017


Un cordial saúdo, as titoras de 5 anos