lunes, 30 de marzo de 2020

LUNS 30 DE MARZO

Bos días familias!!! A por unha nova semana!!!

Hoxe podedes descargar unha páxina máis do conto "CLIN,CLAN,CLON"(DESCARGA AQUÍ)

Dándolle continuidade á reciclaxe aquí vos deixamos algunhas propostas:

RECICLAR: aprendemos un pouquiño máis con este vídeo de Pocoyó e a reciclaxe:


REUTILIZAR: Se xa probástedes a crear con cartón animádevos agora a reutilizar as botellas de plástico de forma creativa:

REDUCIR: Apuntádevos ao reto de hoxe.... non deixar a auga correndo da billa namentres lavades os dentes!!!
CORPO E MOVEMENTO

Para ir exercitándovos estes días, aquí vos deixamos una "oca de psicomotricidade" que preparamos para vós. Podedes descargala AQUÏ, ou confeccionar o taboleiro na casa e seguir as indicacións, que vos detallamos na imaxe, ao caer en cada casilla, non hai excusa.....A XOGAR!!!!




AMPLIACIÓN E REFORZO

Nivel 3 anos: Códigos de cor segundo os números DESCARGA AQUÍ
Nivel 4 anos: Abecedario para imprimir (varias veces) e compoñer nomes e palabras DESCARGA AQUÍ
Nivel 5 anos: As sílabas tolas  DESCARGA AQUÍ