martes, 31 de marzo de 2020

MARTES 31 MARZO

Bos días familias!

Hoxe tócanos ser piratas, converter a casa nun lugar cheo de trampas, e buscar un prezado tesouro!!
Podedes descaragar as pistas AQUÍ ou crear unhas tomando como exemplo as que vos ofrecemos no seguinte documento:
BÚSQUEDA DO TESOURO



CIRCUITO DE OBSTÁCULOS 
O corredor da casa pódese converter nunha auténtica selva impenetrable!! podedes colocar as cintas cos nenos/as para que participen no xogo (pero non nas pistas e o tesouro que terán que ser sorpresa)
Para o circuito só precisades unhas cintas, teas, lá,... e cinta de carroceiro:


O TESOURO

O tesouro que vos propoñemos é unha receita de cociña, algunha que vos guste e da que teñades os ingredientes.  Unha idea sinxela que pode gustar é a seguinte:



Podedes traballar a lectoescritura escribindo algún ingrediente e cantidades (en formato receita) e/ou debuxando os ingrediente. Podemos ir  aumentando a dificultade (aos de 5 anos) podedes animándoos a que escriban o proceso de elaboración paso a paso: 1º, 2º, 3º. Finalmente debuxo do resultado e..... a degustar a sobremesa!!!!!
Podedes enviar as fotos da receita ou da búsqueda do tesouro ás titoras. Esperamos que desfrutedes moito!!!

CLIN, CLAN, CLON
Podedes descragar a seguinte páxina do conto AQUÍ


REFORZO E AMPLIACIÓN (opcionais)

Nivel 3 anos: vermiño de vogais. DESCARGA AQUÍ
Nivel 4 anos: busqueda das diferenzas. DESCARGA AQUÍ
Nivel 5 anos: sumas e restas. DESCARGA AQUÍ

BIBLIOEUSEBIO


Os nosos ratiños de biblioteca están traballando arreo para informarnos das últimas novidades e conmemoracións máis próximas, entre elas, o Día Internacional do Libro Infantil.
Éstes son algúns contos que vos recomendan: VER AQUÍ

ITINERARIOS VIRTUAIS


Hoxe haberá un itinerario virtual pola cidade da Coruña ás 17:00, visitade o enlace para máis información:
  • https://itinerariosvirtuales.blogspot.com/2020/03/nova-semana-novo-itinerario.html