martes, 24 de marzo de 2020

MÉRCORES 25 DE MARZO

Bos días familias!!!!

O pasado domingo 22 conmemorouse o Día Mundial da Auga, e hoxe gustaríanos compartir connvosco este conto de "CLIN, CLON, CLAN"  que explica o ciclo da auga. Esperamos que vos guste.

Cuentos Clin Clon Clan

Para as familias que o podades imprimir, cada día iremos publicando unha páxina do conto para que a podades descargar e,  en función do nivel e dificultade, os pequenos/as a podan colorear, copiar, escribir ou reescribir, ... pero tranquilas, aquelas que non dispoñades desta opción podedes animar a que fagan un debuxo da parte do  conto  que máis lle gustara ou escribir e crear a súa propia historia sobre unha gotiña de auga.

ARTISTADAS

Clicando na imaxe de abaixo tedes as instruccións paso a paso para fabricar un pao de chuvia



UN POUCO DE CIENCIA: E se chove que chova!!! 

  Se o pao de chuvia non funciona, podemos intentar facer chuvia coa axuda da ciencia   (éste  experimento debe ser realizado coa supervisión e moita axuda do adulto):
  • Poñemos auga a ferver ou facemos uso dun "Hervidor" (ésta segunda opción é máis segura)
  • Colocamos enriba (a unha distancia de 20 cm apróx.) unha bandexa metálica e enriba da mesma un pouco de xeo.
  • Pasado un tempo comezará a chover baixo a bandexa.

A  BAILAR!!!!!!!!

E para mover o corpo ao ritmo da auga , deixámosvos con esta canción da "Gota mariña" de Pirilampo, ...