lunes, 23 de marzo de 2020

MARTES 24 DE MARZO

Bos días familias!!!!!  

A por un novo día, ben organizados e con moito ánimo!!

Se xa tedes o tren da semana elaborado (ou uns carteis con cada día da semana), é momento de que cada neno/a sexa o encargado/a do día!!
Comecemos con algunha canción de bos días (cada ún  a que cante na clase coa súa titora ou unha que vos guste)
Agora intentade cantar unha canción para os días da semana, aquí tedes dúas versións  pero tamén é de libre elección.


         

Cunha pinza da roupa podedes facer que o neno marque no tren o día de hoxe (e así consecutivamente ao longo da semana). Reparade nas letras do día: 
  • Por qué letra empeza, por cal remata, como se chaman as letras que forman a palabra
  • Cántas letras ten
  • Pensar nomes e/ou palabras que comecen coa mesma letra/sílaba
  • Escribir o nome do día, o número de letras
  • Qué día foi onte?, qué día será mañá?, ...
Toca revisar o calendario do mes, é un gran recurso matemático:
  • Facemos reconto dos días de mes que levamos (e ,para os que se animen, a conta atrás aumentando a complexidade)
  • Rodeamos o número
  • Observamos con qué números se escriben
  • Contamos cántos días faltan para rematar o mes (ou unha data importante)
  • Escritura do número
  • Facemos un conxunto con tantos elementos como marca o Nº (manipulativamente e/ou debuxándoo)
Despois, é un bo momento para facer un repaso das actividades e tarefas que realizaredes ao longo do día (se tedes apoio visual mellor; podedes facer tarxetiñas con debuxos das principais actividades: lavar o dentes, tarefa de mesa ou de casa, xogar, relaxación,... ou descargar algunhas que vos gusten)


OBSERVACIÓN E EXPRESIÓN ORAL

(Isto mesmo podedes facelo, de forma vivencial, con obxectos e xoguetes habituais que teñades por casa )

ARTISTADAS

Hoxe animámosvos a que , se aínda non o fixeron,  confeccionen, debuxen e decoren un arco da vella para colocalo na ventá porque....Todo vai saír ben!!!!

UN POUCO DE CIENCIA

Podedes ver  un auténtico  arco da vella nas vosas casas co experimento que se explica no seguinte enlace:

  • Ou xogar con auga de cores e ver como viaxa, realizando o experimento deste vídeo :


NOTA: Lembrade que estas propostas  son ideas pensadas para que vos axuden, estes días de confinamento, cos nenos/as e ás que podedes acceder  en calquera momento. 
En ningún caso é obrigatorio realizalas todas, podedes elexir as que máis vos gusten e se adapten ás vosas posibilidades, dadas as circunstacias que estamos a vivir. Podedes comunicarvos coas  titoras para calquera dúbida polos medios de comunicación que utilicedes. Unha aperta e afectuoso saúdo;
O Equipo de Educación Infantil