lunes, 23 de marzo de 2020

LUNS 23 DE MARZO

Ola familias!

Debido á prórroga do "confinamento" nas casas polo COVID-19, decidimos organizar unha proposta de traballo de forma diaria. 
Queremos achegarnos un pouco máis ás vosas casas e acompañarvos, na  medida do  posible, nesta tarefa educativa que compartimos ESCOLA e FAMILIA.

Para comezar, queremos lembrarvos a importancia de establecer unhas rutinas diarias (das que xa vos falamos e ás que podedes acceder  clicando na palabra de cor "rutinas" ) e que  se poden realizar de forma máis dirixida (a nivel organizativo) pola mañá para simular a xornada lectiva , pero sempre sendo flexibles e adaptándoas, ante todo, ás cisrcunstancias de cada familia.

As actividades e exercicios  que iremos propoñendo non serán avaliables nin de obrigado cumprimento pero si recomendables para manter un certo ritmo de traballo e seguir fomentando o desenvolvemento integral do alumnado.

Hoxe luns, ofrecémosvos un tren da semana imprimible para que o podades descargar e que, posteriormente o neno/a o decore e recorte (ou pique con punzón en función das súas capacidades e ou posibilidades). Unha vez feito, colocádeo nun lugar visible para ir marcando cada día.




Continuando coa chegada da nova estación e facendo un guiño ao "Día da Poesía" que se celebrou o pasado sábado 21 (podedes ver unha pequena entrada no blogue da nosa BIBLIOEUSEBIO); animámosvos a saudar á Primavera con este poema:


                           

(As familias que non poidades imprimir, podedes animar a que os neno/as o fagan nunha folla, que copien o texto ou palabras significativas, ou que simplememte reciten)

A parte práctica desta actividade será plantar unha semente do que teñades a man: lentellas, garavanzos, fabas,... nun algodón húmido (ou directamente en terra) dentro dun vaso/bolsa transparente ou de iogur. Colocádea preto dunha fiestra e regádea diariamente.
Se queredes fabricar tamén unha regadeira, basta con coller unha botella de plástico, facer un pequeno burato no tapón e listo! 



Logo de imprimir as seguintes follas de rexistro, poderedes ir anotando as variacións que vaiades observando.



                          
                                                        DESCARGAR AQUÍ

ARTISTADAS!!!! 

A MANUALIDADE que vos propoñemos hoxe  é elaborar unha flor con algunha técnica similar ás que se amosan no seguinte enlace:
  


PARA OS MÁIS LARPEIROS/AS


NOTA: Podedes sacar fotos e envialas polas canles de comunicación informática que utilicedes coas respectivas titoras.