Ola familias!
O inverno chegou ao seu fin e hoxe deu comezo a,....
Coa chegada desta estación, nesta parte do planeta Terra, a natureza irá cambiando: as paisaxes, o clima, os animais,...E aínda que non podamos saír da casa podemos gozar dela á nosa maneira.
Primeiramente, podedes explicar ao nenos por que cambiamos de estación, aquí vos deixamos un video explicativo:
Animámosvos a ver xuntos este conto con música de Vivaldi:
Estes días podedes desfrutar de momentiños de lecer con estes contos de bechiños e unha animación de Disney (tamén con música de "As catro estacións" de Vivaldi)
LA PRIMAVERA
CARACOLESO inverno chegou ao seu fin e hoxe deu comezo a,....

Coa chegada desta estación, nesta parte do planeta Terra, a natureza irá cambiando: as paisaxes, o clima, os animais,...E aínda que non podamos saír da casa podemos gozar dela á nosa maneira.
Primeiramente, podedes explicar ao nenos por que cambiamos de estación, aquí vos deixamos un video explicativo:
(Intentade vivenciar os movementos de rotación e traslación co voso corpo,ún será o sol e o outro a Terra, de seguro que resulta divertido. Moito ollo! non vos saiades da órbita)
Tamén podedes montar un "recanto de primavera" na casa habilitando unha mesiña con algún elemento natural (unha planta), colocando algúns bechiños de xoguete que teñades por casa (insectos, bolboretas, xoaniñas,), e creando, con algunha técnica plástica, un niño con ovos, facer algunha flor, paxariños, fotos de paisaxes de primavera... deixade voar a vosa imaxinación!
Animámosvos a ver xuntos este conto con música de Vivaldi:
LA PRIMAVERA
REFRANEIRO GALEGO
Marzo, marzal,
pola mañá cara de risa,
pola noite cara de can.
pola mañá cara de risa,
pola noite cara de can.
UNHA CANTIGA PARA ESTES DÍAS DE CHOIVA
UN XOGO DE ATENCIÓN E MEMORIA


