domingo, 15 de marzo de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES EN FAMILIA

SEMANA  DO 16 AO 20 DE MARZO

Para esta semana animámosvos a comezar o día establecendo un horario e rutinas flexibles pero estructuradas (na medida do posible e en función das circunstacias de cada familia).

EXEMPLO DE RUTINAS DUNHA XORNADA:

- Levantarse, almorzar
- Lavar os dentes
- Vestirse
- Asamblea: consensuar os momentos e as actividades que se realizarán ese día, escribir o seu nome, contar número de letras, marcar a data do calendario (día, mes, debuxar que tempo vai,...)
- Axudar nas tarefas da casa que poda ( meter roupa na lavadora, aprender a dobrar a súa toalla de man,...)
- Tarefa dirixida: aprendizaxe de ditos, xogos lingüísticos (exemplos máis abaixo), lóxicamatemática, clasificación, seriación, puzles, proxecto de investigación da clase...
- Merenda de media mañá (podedes manter o horario de "Merendiñas saudables" do cole)
- Xogo libre
- A poñer a mensa!!!! Comida
-Relaxación: sesta, lectura de contos, masaxes, algo de Ioga,...   


- Un pouco de exercicio na casa: bailar, cantar, retos de saltos, pata coxa, imitación de animais,...

-   Merenda
Momento TIC: TV (exemplo: EDUCLAN 3 a 5 anos), película, xogo interactivo educativo,...
-   Manualidade, experimentos, xogo de mesa,cociña,...

Para amenizar estas tardes de xogo na casa,  propoñémosvos algunhas ideas:



TAREFAS DIRIXIDAS

Como propostas de xogos lingüísticos, neste enlace poderedes aprender algúns ditos en galego e recitalos en familia:

Nesta outra páxina, atoparedes moitos recursos lingüísticos:

Como este mes, tiñamos programado dedicarllo á Muller (polo xa pasado 8 de marzo, Día Internacional da Muller), aquí vos adxuntamos o vídeo da canción "Matriarcas" que comezamos a traballar nas clases e que poderedes seguir practicando accedendo a este enlace: