viernes, 13 de marzo de 2020

PROPOSTAS

Queridas familias:

Dadas as circunstancias e as medidas adoptadas o día de onte, o Equipo de Infantil consideramos oportuno e práctico dar unha serie de recomendacións co fin de facilitar a interrupción escolar.
Sabemos que as rutinas son a mellor vía para axudar e transmitir tranquilidade aos nosos nenos e nenas. Se establecemos unha rutina diaria dedicando un tempo prudencial a cada actividade, todo resultará máis sinxelo.
Estas son as nosas propostas:
  •  Fomento de hábitos de autonomía: vestirse/desvestirse, abotoar/desabotoar, abrochar/desabrochar, atar/desatar. En definitiva, facer tarefas da casa xuntos: poñer a mesa, axudar na cociña, recoller os xoguetes , a roupa,… fomentando a iniciativa e deixándolles facer.
  •    Lectura e visualización de contos (búsqueda de imaxes, cores, descrición de personaxes, escritura do título, debuxo dunha escea que lles guste etc.)
  •      Xogos cos nomes dos compañeiros e compañeiras (recoñecemento e escritura do nome) e/ou palabras significativas e familiares (nomes da familia, búsqueda e recoñecemento de iniciais, agrupación de nomes que comezan pola mesma letra, etc.)
  •      Manualidades con todo tipo de materiais: ceras, rotus, pintura de dedos, pinceis, esponxas, materiais de refugallo,…
  •       Xogos de mesa: puzles, ensartables, dominós sinxelos, xogos de memoria, de emparellar, xogos en familia, etc. e todos aqueles que favorecen a atención, percepción e motricidade.
  •        Plastilina, barro (con moldes, rodillos, tesoiras…)
  •        Xogo simbólico (cociña, médicos, disfraces…)
  •        Continuar investigando sobre o proxecto de cada nivel.
  •        Música, baile, cancións, adiviñas, etc.
  •        Xogos de vocalización, imitación, sopro, etc.
  •        Cociñar con eles: galletas, biscoitos, pizzas, etc.
  •        Falar moito con eles e elas, escoitalos e correxir con cariño a pronunciación e a construción de frases.

Páxinas de interese con actividades atractivas e educativas:

Nas vindeiras semanas iremos engadindo novas propostas. Estade atentos á información que subiremos á pa´xina web do cole. Un saúdo e moito ánimo a todos/as
Grazas pola vosa colaboración.

O Equipo de Infantil