lunes, 27 de abril de 2020

SEMANA 27 AO 30 DE ABRIL

TRABALINGUAS

Esta semana ofrecémosvos un xogo co que as risas están aseguradas... trabalinguas!!!! Porque xogar cos palabras tamén é moi divertido!


LECTOESCRITURA

Animádevos a escribir en diferentes superficies: fariña, sal fina, area,... podedes repasar cada letra do abecedario, o voso nome, escribir palabras curtas, números, facer debuxos ou grafías que podedes descargar aquí:

Outra boa opción é compoñer as grafías con diferentes elementos que teñades por casa: pedriñas, garavanzos, lentellas, botóns, tapóns, pompóns, lá,...


 CÁPSULA DO TEMPO "COVID-19"
Esta situación, tan peculiar,que estamos a vivir xa forma parte da historia, por que non gardar algúns recordos deste confinamento? Neste libro podedes rexistrar as curiosidades e experiencias máis especiais que estades a vivir en familia. Xunto co libro podedes gardar algúns obxectos. Pero, lembrade que  a cápsula non deberá abrirse ata uns anos despois.



DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
As nosas compañeiras do Departamento de Orientación crearon 3 espazos de recursos ,moi interesantes, no que poderedes atopar moitas actividades. Os seus membros queren compartir unha carta explicativa do seu traballo na que, ademais, atoparedes as vías de contacto, para aquel alumnado que necesite de un apoio máis personalizado VER CARTA:

     


Esta semana mergullarémonos un pouco polos recursos de Aula PT que organiza os seus recursos en actividades on-line, apps e material impreso en 3 áreas:
1.Atención, percepción e memoria;

2.Competencia lingüística 

3.Competencia matemática.

Poderedes acceder, fácilmente, desde este blogue a través do enlace permanente que acabamos de inserir na columna dereita deste blogue " Aula PT" pero, polo de agora, só funciona correctamente en ordenadores. O importante é que en cada área (tras elexir a actividade on-line ou outras) elixades sempre a opción reservada para Educación Infantil, na que se atopan actividades axeitadas á nosa etapa.
Para o alumnado, do último nivel, que queiran avanzar en lectoescritura poderedes probar actividades que se adapten de 1º-2º de primaria.
Para comezar, esta semana ímosvos propoñer 3 actividades:
1. Da primeira área de atención, este xogo de "Diferencias"
2. De competencia lingüística: "Disfrutamos hablando"
3.Competencia matemática: "Bombillas"

PROPOSTAS POR NIVEIS
Nivel 3 anos: DESCARGA AQUÍ
Nivel 4 anos: DESCARGA 1, DESCARGA 2, DESCARGA 3, DESCARGA 4,  CONTEO
Nivel 5 anos: DESCARGA  AQUÍ