jueves, 30 de abril de 2020

FIN DE SEMANA FESTIVA


Ola familias!!!
Esta fin de semana preséntase un pouquiño máis longa do habitual!!!!
O venres, é o primeiro de maio, o "Día Internacional do Traballo" e o luns día 4, é un dos días non lectivos concedidos ao noso centro.
Propoñémosvos... non facer tarefa do cole, pero si facer aquelas actividades que máis vos gusten: 
  • Disfrazarvos e dramatizar un conto
  • Ver unha peli toda a familia e falar sobre ela, ensaiar unha canción toda a familia e grabarvos,
  • Preparar, entre todos, unha sobremesa rica, aproveitar esa horiña de paseo diario. 
En fin… son moitas as suxestións que están recollidas no noso blogue e na nosa BIBLIOEUSEBIO. Non deixedes de visitalos e escoller as propostas que máis vos gusten.

De feito, sodes moitas as que xa participástedes no bookface, pero queremos seguir animándovos a participar noutras actividades como a creación dun "MINILIBRO" ou o "LIBRO VIRTUAL" (sempre dentro das posibilidades do alumnado). Máis abaixo deixámosvos as indicacións que se detallan no blogue da biblio, pero tamén podedes consultar directamente na última entrada de biblio.

MOITOS BICOS DAS VOSAS PROFES!!!!


2º MINILIBRO: Un pouco de origami para estes días!! Deixámosvos un enlace para que vexades o sinxelo que é! Despóis, coa vosa imaxinación e creatividade, que sabemos que é moi grande, podedes enchelo dunha pequena e bonita historia, dunha poesía, comic, debuxos...o que vos apeteza. Cando volvamos a vernos poderemos expoñelos no noso recuncho e compartilo entre todos. Deixamos un enlace onde se explica moi ben como facelo. 
               


3º LIBRO VIRTUAL "AQUÍ, NA MIÑA CASA". Con esta proposta queremos crear un libro con todas as vosas aportacións. Só tendes que mandarnos abiblioeusebiodaguarda@gmail.com un debuxo, unha poesía, un cómic, unha historia, un caligrama, adiviñas, rimas, refráns....todo o que queirades e que estea relacionado coa vosa estancia na casa, cos vosos sentimentos, familia, xogos que estades descubrindo, historias, libros... 

Só necesitamos que sexa en tamaño folio, A4, co nome e o curso. Aumentamos o prazo de entrega e así despois, crearemos o libro virtual para poder subilo ao noso blogue. Seguro que quedará un conto moi bonito para a lembranza.