lunes, 4 de mayo de 2020

SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO

VISITAMOS UN MUSEO

Esta semana arrancamos cunha visita cultural ao "MUSEO NACIONAL DEL PRADO" de Madrid:



Agora que coñecedes un pouco máis sobre a obra de Diego Velázquez, animámosvos a facer un collage dunha Menina co material que prefirades: xornal, teas, restos de papeis variados,... AQUÍ  vos deixamos a plantilla e nas seguintes imaxes un collage de exemplo:


Para os que queirades bailar un pouco aprendendo coa historia de Velázquez, velaiquí esta canción dos Lunnis e Lucrecia:

CORPO E MOVEMENTO

Só necesitades debuxar ou pegar unha cinta no chan para realizar este exercicio e traballar así a coordinación, equilibrio, salto, lateralidade e memorización de secuencias.




UN CONTO ESPECIAL PARA COLOREAR
Algunhas familias faláronnos deste recurso gratuíto co que poderedes personalizar un conto imprimible no que o voso fillo/a sexa o protagonista.
Podedes acceder á páxina clicando AQUÍ Esta imaxe é un exemplo:


PROPOSTAS POR NIVEIS
Esta semana queremos presentarvos un recurso que nos oferta a editorial Teide, na que podedes acceder a actividades de Lingua e Matemáticas de cada nivel, do proxecto MINITRIBU.
Tedes total liberdade para seleccionar as actividades que desexedes, pero algúns niveis recomendarémosvos, de forma semanal, unha secuencia de actividades previamente seleccionadas (poderedes velas, máis abaixo, na sección de descargas por niveis)
Para acceder a todo este material só tedes que entrar:

  • DESDE O ORDENADOR: entrar na plataforma www.weeras.es.
  • DESDE O MÓBIL OU  TABLET: descargar a APP


Unha vez entredes na plataforma todas as familias poderedes acceder co seguinte usuario e contrasinal:
USUARIO: alumnoinfantil@eusebiodaguarda.es
CONTRASINAL: galicia2020



Nivel 3 anos: DESCARGA