domingo, 10 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS (semana do 11 ao 15 de maio)

Éste ano 2020 o homenaxeado para a conmemoración do "DÍA DAS LETRAS GALEGAS", o 17 de maio, é RICARDO CARVALHO CALERO.

En condicións normais, estaríamos celebrando o vindeiro venres, un gran festival no colexio no que cada curso cantaría, bailaría e/ou interpretaría algunha peza artística en lingua galega, e todo o alumnado desfrutaríamos do festexo. Pero, como sabemos, este curso non poderá ser. 
Sen embargo, non queremos perder a oportunidade de homenaxear a este escritor e ao "Día da nosa lingua" coñecendo un pouco máis deste escritor e a súa obra.

Para comezar, AQUÍ atoparedes algunha información sobre quen foi Ricardo Carvalho:




Unha das súas obras máis significativas para o público infantil é "AS PITAS BAIXO A CHOIVA". AQUÍ vos deixamos un anaquiño do conto:


Esperemos desfrutedes deste contiño en galego que tamén conta a historia dunha galiña, "A Galiña Vermella" (adaptación do conto de Byron Barton). Esta presentación foi elaborada pola Comisión de Convivencia do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo, grazas por este traballo.
Os ratiños de BIBLIOEUSEBIO amplíannos, no seu blogue, máis información sobre o homenaxeado. E as nosas compañeiras/os do equipo EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), coa axuda de BREO tamén nos prepararon actividades para o alumnado de todas a idades en "SACA A LINGUA A PACER"só tedes que clicar no título dos blogues que vos indicamos, e nas palabras destacadas, para acceder a RETOS e propostas  aventureiras que vos sorprenderán.  Non deixedes de mergullarvos polas entradas e propostas e animádevos a participar, sempre aprendemos algo novo e atopamos moitas SORPRESAS.


PARA ACTIVAR O CORPO
Aquí vos traemos algúns xogos e exercicios de psicomotricidade para esta semana...



E como proposta musical, esta canción de Magín Blanco, un cantante defensor da nosa lingua e de tantas outras importantes como a lingua de signos "Todos somos capitáns"


PROPOSTAS POR NIVEIS
Nivel 3 anos: DESCARGA
Nivel 4 anos: DESCARGA
Nivel 5 anos: DESCARGA