lunes, 20 de abril de 2020

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

SEMANA DO LIBRO (23 de abril)
Esta semana  celebramos o "Día Internacional do Libro" e para comezar propoñémosvos un pequeno vídeo de Peppa Pig, no que visita unha biblioteca:

E un contiño moi primaveral:



Os nosos ratiños de Biblioeusebio, tamén nos teñen preparadas unhas actividades do máis interesantes, animámosvos a participar e a seguir desfrutando dos libros.

CREACIÓN DE SILUETAS

Unha boa idea para pasar da mellor maneira posible estes días  é elaborar siluetas, para xogar con elas e idear contos e historias, facendo diálogos entre as personaxes, cambiando voces, etc.

Para iso imos construir diversos personaxes, onde debuxaremos, pintaremos, pegaremos e recortaremos.
Buscaremos materiais vellos que nos sirvan para pegar os modelos (caixas de zapatos,  cartóns, etc) co cal estamos a introducir a reciclaxe do que tiramos ao lixo.
Para facilitar o traballo adxuntamos fotos con algunhas figuras que vos poden servir de modelo, sin prexuício dos que podades idear na casa, así como unhas pequenas instruccións de cómo se fan as siluetas.

Para facer as siluetas seguide estas instruccións:
1.   Elabora un modelo ou utiliza un dos xa creados.
2.   Pegao nun cartón.
3.   Recorta a silueta.
4.   Pica as zonas brancas.
5.   Pega papeis de cores na parte de atrás.

   CORPO E MOVEMENTO
Na clase de psicomotricidade realizamos moitos dos exercicios que vos propoñemos para realizar sempre que o desexedes. Lembrade que o exercicio axúdanos a estar máis relaxados e concentrados:

1-Saltar cos pés xuntos( desprazándose)
2-Saltar abrindo e cerrando as pernas( desprazándose)
3-Arrastrarse polo chan reptando como una serpe( sen levantar o cuíño)
4-En cuclillas saltar como as rás( desprazándose)
5- Camiñar apoiándose sobre os talóns 
6- Camiñar apoiándose sobre as puntas
7-Camiñar con un pequeno libro sobre a cabeza
8-Desprazarse á pata coxa (alternando a perna)
9- Manter o equilibrio sobre unha soa perna( alternar perna)
10- Desprazarse en cuclillas
11-Correr movendo os brazos como paxaros 
12-Encestar calcetíns enrolados nunha cesta, cubo....
13-Saltar tres veces cara a esquerda, tres cara a dereita, tres cara adiante e tres cara atrás 
14-Se hai espazo, que roden polo chan co corpo estirado
15-O último para realizar en familia é a "Yenka" é moi divertida e encantaralles bailala:




REFORZO E AMPLIACIÓN
Nivel 3 anos: DESCARGA AQUÍ
Nivel 4 anos: DESCARGA 1, DESCARGA 2
Nivel 5 anos: DESCARGA AQUÍ