lunes, 13 de abril de 2020

SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL


COMEZO DO TERCEIRO TRIMESTRE
Ola familias!
Despois de este mini-parón, aquí estamos de novo para continuar a nosa labor diaria de animar, apoiar, propoñer e, en definitiva... para seguir ó voso carón nestes tempos de confinamento nas nosas casas.
Para non saturar nin atosigar, decidimos enviar unha proposta semanal na que se incluirán actividades variadas, amplas e algunhas adaptadas por niveis. Se revisades os envíos feitos neste blogue “Medrando no Eusebio”, veredes moitas páxinas cunha infinidade de contidos e propostas para que cada quen poda navegar segundo seus gustos e preferencias. Todas as propostas son orientativas, voluntarias e adaptables ás posibilidades e situacións de cada familia.
Todo o equipo de infantil seguimos atentos ás dificultades que nos fagades chegar dos nosos nenos e nenas.
ÁNIMO! XA QUEDA MENOS PARA VERNOS TODOS!
Bicos do Equipo de Educación Infantil

Para desfrutar esta semana, aquí tedes o conto de: "A Mosca Chosca"


E nos seguintes enlaces, poderedes acceder a  algunhas atividades sobre o conto que fixeron os compañeiros/as do CEIP PONTE DE XUBIA (de Narón):
PROPOSTAS POR NIVEIS

Nivel 3 anos:DESCARGA1 , DESCARGA 2
Nivel 4 anos:DESCARGA 1, DESCARGA 2 , DESCARGA 3
Nivel 5 anos:DESCARGA AQUÍ