viernes, 3 de abril de 2020

PERIODO DE DESCANSO: SEMANA SANTA


OLA FAMILIAS!
O sábado día 4 comeza o período de descanso de SEMANA SANTA que se prolongará ata o luns 13 de abril.
 O equipo de Educación Infantil decidimos paralizar o envío  da proposta de tarefa diaria para este tempo. Como serán varios días continuados na mesma situación...


 RECOMENDÁMOSVOS:
  1. -        Manter unhas certas RUTINAS. O día é moi longo e temos que organizalo.
  2. -   Haberá días nos que os que traballades dende as casas esteades máis liberados polo que programade actividades e momentos divertidos todos xuntos.
  3. -     Revisade as propostas enviadas dende o Equipo de Infantil para facer aquelas que máis vos gusten.
  4. -   Podemos ver unha película infantil e reflexionar sobre ela: personaxes, trama mensaxe transmitido, cousas positivas e negativas...
  5. -        Facer a dramatización dun conto.
  6. -        Elaborar unha árbore xenealóxica coa nosa familia: árbore, nomes, retratos...
  7. -      Manualidades de Pascua: atoparedes manualidades variadas; aquí vos facemos unha proposta de "Decoración de ovos de Pascua" e para os máis larpeiros/as receitas típicas destas datas.
   
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Lembrade que na web do colexio podedes acceder a moitos recursos, ún deles a páxina do 
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN con actividades coma ésta que vos propoñemos, "CUBOS PARA INVENTAR CONTOS":



Neste enlace atoparedes as actividades máis axeitadas á nosa Etapa Infantil:

Podedes comezar por este xogo de comprensión e vocabulario 



BIBLIOEUSEBIO
    No blogue da nosa biblio poderedes atopar moitísimos recursos e actividades que realizar estes días de Semana SantaNas barras laterais tamén encontraredes enlaces a sitios web relacionados coa lectura e lecer. 



     ENLACES DE INTERESE
Tamén vos ofrecemos algúns enlaces lúdico-educativos que esperamos vos gusten:
"TEACHER EVA"
A nosa mestra de inglés recoméndanos estes enlaces con xogos para todas as idades e cancións en inglés.
   

VISITAS VIRTUAIS
E se desexades realizar visitas virtuais desde a casa a outros lugares e museos aquí vos ofrecemos outra alternativa: MUSEOS DE VALENCIA:

Para os nenos/as pode ser interesante:
Para a familia:
EXPERIENCIAS VIRTUAIS GALICIA

Se queredes ampliar  OUTROS LUGARES DE VISITA...
Coidádevos moito.
Saúdos de todo o equipo de Educación Infantil.