jueves, 2 de abril de 2020

VENRES 3 DE ABRIL

Bos días familias!!!

Antes de entrar en materia, e como nunca é tarde, onte 2 de abril tamén se conmemorou o "Día da Concienciación do TEA" (Transtorno do Espectro Autista). As nosas compañeiras do Departamento de Orientación seleccionaron, con moito mimo, este vídeo:



E na web do cole, con motivo deste Día, tamén nos animaron a cantar e bailar con "Ven comigo", merece moito a pena, A BAILAR!!!


CLIN CLAN CLON
Hoxe rematamos o conto coa súa última páxina DESCARGA AQUÍ

E chegados a este punto gustaríanos compartir un contiño  sobre as nubes que nos ofrece o Salón do Libro Virtual de Pontevedra.


RECICLAXE

Chegou o venres e imos seguir cun pouco máis coa reciclaxe. Hoxe aprendemos cos "BOLECHAS" no vídeo ao que podedes acceder clicando AQUÍ
Podedes colorear estes colectores do lixo coas cores correspondentes (plastichín: amarelo, cartúnez: azul, vidriolo: verde, e organitrón: verde como os colectores do noso concello) e pegalos nos  colectores da casa para saber en que lugar separar o lixo.


Mascotas de reciclaxe



Como manualidades de RECICLAXEREUTILIZACIÓN  éstas son algunhas ideas:

                              "Castañolas de crocodilo"                                                                "Aros con cartón"                       

 

"Animais con tapóns"

 

PARCHÍS
Ímolo pasar en grande con este parchís cheo de probas e retos, a diversión está asegurada! DESCARGA AQUÍ


REFORZO E AMPLIACIÓN
Nivel 3 anos: carantoñas de bechiños. DESCARGA AQUÍ
Nivel 4 anos: Asociar nomes de animais mariños DESCARGA AQUÍ
Nivel 5 anos: completar cos nomes correctos DESCARGA AQUÍ