domingo, 24 de mayo de 2020

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola familias!
Esta semana queremos que a ARTE sexa a nosa principal protagonista, pois sabemos que este tipo de propostas están tendo moi boa aceptación. 
Esta vez, queremos destacar a un dos pintores máis importante e significativo para a nosa cidade...
PABLO PICASSO
                               
                


Para coñecelo un pouquiño máis, a nosa compañeira Mercedes creou este vídeo explicativo que de seguro vos vai gustar e no que descubriredes datos moi curiosos: sabedes onde viviu e estudiou este famoso pintor???


E a través deste conto podemos viaxar pola súa etapa cubista desde os seus ollos de neno:

Para visitar unha galería con algúns dos seus cadros, só tedes que facer CLIC AQUÍ
Agora, podedes animarvos a pintar ún dos seus autorretraros, elexide o que máis vos guste para colorealo.

  

Podedes intentar facer un autorretrato voso ou un retrato de quen prefirades. Debuxade a forma da cara ben grande e despois ide debuxando as partes da cara como máis vos gusten. Outra técnica que pode resultar moi divertida é o collage, aquí tedes unha plantilla de partes da cara que podedes colorear e combinar ao voso gusto e despois ir pegando no autorretrato.


Para os que prefiran practicar antes no ordenador, na seguinte aplicación infantil podedes crear os retratos ou autorretratos simulando o estilo cubista de Picasso:


Tamén podedes elexir outras obras deste gran artista para reproducir ou colorear. Clicando AQUÍ, accederedes a un blogue no que atoparedes moitos dos seus cadros e varios recursos como os que vos presentamos.


AVISO IMPORTANTE!!!
PROCEDEMENTO PARA RECOLLIDA DE MATERIAL
Estimadas familias.
Seguindo instrucións da Consellería, procederemos a repartir o material que o noso alumnado de E. Infantil ten no centro.
Nada nos agradaría máis que facelo doutro xeito pero as circunstancias así nos obrigan.
Levarémolo a cabo dun xeito organizado e cumprindo unhas normas:
· Entregaremos o material polas portas de aceso do paseo marítimo.
· Haberá tres filas segundo pertenzan ao grupo A,B ou C.
· Recomendamos traer máscara e gardar a distancia de seguridade.
· Virá un adulto a facer a recollida e SEN NENOS.
· Se non pode acudir no horario establecido, pode delegar noutra persoa, facéndollo saber á titora, nese caso.
· Ante calquera dificultade poden poñerse en contacto coa titora.
O horario será o seguinte
HORAS DE ENTREGA
VENRES 29
10:00 H - 11:00 H
3 ANOS
11:30 H - 12:30 H
4 ANOS
13:00 H – 14:00 H
5 ANOS

                                          Pregamos cumpran as medidas establecidas.
                                         GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN !
                                                                                                       Un saúdo
                                                                                            Equipo de Educación Infantil

PROPOSTAS POR NIVEIS