domingo, 31 de mayo de 2020

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Cada día está máis preto o comezo da nova estación, o verán, e os bechiños (aínda que xa visibles na primavera) están máis presentes coa chegada da calor. Ademais, o pasado 20 de maio, foi o "Día Mundial da Abellas", por todo isto queremos dedicar unha parte desta proposta semanal a estes insectos tan necesarios.
Comezamos con este vídeo explicativo descubrindo algunhas das súas curiosidades:


QUE COUSA COUSIÑA É...?
Atopamos estas adiviñas sobre as abellas, pero de seguro sabedes moitas outras que nos podedes facer chegar ás titoras para que os compañerios/as as adiviñen.


QUE ABELLIÑAS TAN XEITOSIÑAS
(manualidades)
Para as/os nosas/os artistas, unha actividade plástica de confección de abellas. Xa sabedes que ésta é só unha idea, non deixedes de sorprendernos coa vosa creatividade!!


LARPEIR@S
Seleccionamos algunhas receitas nas que o mel é o ingrediente principal.... 


E, de cando en vez, un pequeno doce senta moi ben!! 

AO RITMO DAS ABELLAS!!!!!


PROPOSTA POR NIVEIS
Nivel 3 anos: SUXESTIÓNS
Nivel 4 anos: SUXESTIÓNS, LETRA R, LETRA B
NIvel 5 anos: CONTO, ORACIÓNS