domingo, 7 de junio de 2020

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO


"AQUILES O PUNTIÑO"

Esta semana comezamos cun conto no que as formas evolucionarán ata estar cheas de vida con "Aquiles o puntiño". Clicade na seguinte imaxe para poder acceder  á páxina de contos de Kalandraka (á que tamén tedes acceso directo desde o blogue de biblio) e buscade o vídeo de "Aquiles o puntiño" contado por Olalla González e Marc Taeger.



Despois de ver o conto podedes escoitalo de novo, esta vez con pincel e témpera en man para debuxar o voso propio Aquiles. Tamén o podedes facer despois do conto, de forma relaxada xogando cos trazos do pincel, as formas que deixa no papel, cartolina ou lienzo,... e incluso probar a crear un Aquiles de plastilina, facendo churros, círculos e puntiños,.... a vosa imaxinación sempre vai máis aló!!!


CONTAMOS UN CONTO
Outro conto que nos encanta é "Te quiero casi siempre", esperamos que vos guste a vós tamén:

XOGAMOS?
Esta semana ofrcémosvos un material adaptado do coñecido xogo de "DOBBLE". Un total de 30 TARXETAS que recompilan algúns dos personaxes de contos clásicos e actuais para imprimir, preparar e...xogar!!! AQUÍ atoparedes as diferentes modalidades de xogo:



CONSTRUÍMOS UN XEOPLANO
O xeoplano  consiste nun taboleiro no que están dispostas puntas formando unha cuadrícula ás que se poden unir gomas elásticas de distintas cores. É un recurso didáctico moi divertido e versátil  que permite ao neno/a explorar  formas xeométricas, letras, números,...
Neste enlace podedes atopar algunhas propostas de cómo facelo e usalo.

O RETO FONOLÓXICO
Como reto fonolóxico,  podedes practicar con palabras de son moi similares pero con significado totalmente diferente. Podedes descargar AQUÍ, ou directamente no documento adxunto:


UN POUCO DE RITMO
E rematamos con este corto con moito ritmo:


PROPOSTAS DE NIVEL
Nivel 3 anos: SUXENTIÓNS
Nivel 4 anos: SUXESTIÓNS, LETRAS