domingo, 14 de junio de 2020

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

Ola familias!
Como cada ano, por estas datas, toca despedir o curso. Se estivésemos no cole seguro que faríamos variadas e divertidas actividades todos xuntos coas que gozaríamos moito, pero polas circunstancias que nos tocou vivir, o desenvolvemento do terceiro trimestre foi diferente ao programado e o remate do curso tamén.
O inicio do verán está preto e tamén o tempo de sol, praia, excursións, viaxes, xogos,... Pasádeo moi ben sen deixar de cumprir as normas sanitarias. Sempre con sentidiño!!
Desexámosvos un bo verán para tod@s e unha feliz e normalizada volta ás aulas no mes de setembro.
A proposta de actividades que a continuación vos detallamos, estarán relacionadas con esta estación do ano: O VERÁN.

Esperamos que vos gusten.
DÁMOSLLE A BENVIDA AO VERÁN

INAUGURADA A TEMPADA DE XEADOS
No seguinte enlace atoparedes unha receita do máis fresquiña, doce e nutritiva..... que ben sentan os xeados!!!!

A NAVEGAR!!!!
Clicando na imaxe atoparedes os materiais necesarios para fabricar estes barquiños de corcho tan xeitosos. Poñédeos a proba facéndoos flotar en distintos recipientes, na piscina,...

PARA @S MÁIS CIENTÍFIC@S: "O OVO SALTARÍN"


Materiais:
- Ovo
- Vinagre
- Colorante alimenticio (opcional)

Preparación:
Introducimos un ovo con coidado nun recipiente de cristal e cubrímolo de vinagre. Pechamos e deixamos repousar dous ou tres días (un mínimo de 48 horas). Nese tempo poderemos observar que vai aumentando de tamaño e a casca vaise desprendendo. Pasado o tempo adecuado sacamos e lavamos o ovo con auga fría para retirar os restos de casca. Poderemos comprobar entón como se volveu elástico e que rebota ao lanzalo con suavidade.
Opcionalmente podemos engadir unhas pingas de cor ao vinagre con colorante alimenticio, que tinguirá a superficie do ovo dándolle un aspecto de fantasía.

Outra información:

O ovo aguanta pequenos rebotes, polo que convén lanzalo sobre unha bandexa para recollelo facilmente cando rompa. Se lle botamos o colorante cando estaba dentro do vinagre, observaremos que ao romper a clara terá o ton desa cor engadida, pero en cambio a xema seguirá sendo amarela.


UN VERÁN EN GALEGO
Os ratiños de biblioteca preparáronnos unha "Guía de lectura" moi especial para este verán!! poderedes consultar as últimas novidades (por idades) na súa última publicación no blogue BIBLIOEUSEBIO

INFORMACIÓN IMPORTANTE
  • Ao longo deste mes, informarémosvos da publicación da listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021
  • Como esta semana despedimos o curso, o venres 19 realizaremos unha última publicación, estade moi atentas familias!!!!