domingo, 7 de junio de 2020

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO


"AQUILES O PUNTIÑO"

Esta semana comezamos cun conto no que as formas evolucionarán ata estar cheas de vida con "Aquiles o puntiño". Clicade na seguinte imaxe para poder acceder  á páxina de contos de Kalandraka (á que tamén tedes acceso directo desde o blogue de biblio) e buscade o vídeo de "Aquiles o puntiño" contado por Olalla González e Marc Taeger.



Despois de ver o conto podedes escoitalo de novo, esta vez con pincel e témpera en man para debuxar o voso propio Aquiles. Tamén o podedes facer despois do conto, de forma relaxada xogando cos trazos do pincel, as formas que deixa no papel, cartolina ou lienzo,... e incluso probar a crear un Aquiles de plastilina, facendo churros, círculos e puntiños,.... a vosa imaxinación sempre vai máis aló!!!


CONTAMOS UN CONTO
Outro conto que nos encanta é "Te quiero casi siempre", esperamos que vos guste a vós tamén:

XOGAMOS?
Esta semana ofrcémosvos un material adaptado do coñecido xogo de "DOBBLE". Un total de 30 TARXETAS que recompilan algúns dos personaxes de contos clásicos e actuais para imprimir, preparar e...xogar!!! AQUÍ atoparedes as diferentes modalidades de xogo:



CONSTRUÍMOS UN XEOPLANO
O xeoplano  consiste nun taboleiro no que están dispostas puntas formando unha cuadrícula ás que se poden unir gomas elásticas de distintas cores. É un recurso didáctico moi divertido e versátil  que permite ao neno/a explorar  formas xeométricas, letras, números,...
Neste enlace podedes atopar algunhas propostas de cómo facelo e usalo.

O RETO FONOLÓXICO
Como reto fonolóxico,  podedes practicar con palabras de son moi similares pero con significado totalmente diferente. Podedes descargar AQUÍ, ou directamente no documento adxunto:


UN POUCO DE RITMO
E rematamos con este corto con moito ritmo:


PROPOSTAS DE NIVEL
Nivel 3 anos: SUXENTIÓNS
Nivel 4 anos: SUXESTIÓNS, LETRAS 

domingo, 31 de mayo de 2020

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Cada día está máis preto o comezo da nova estación, o verán, e os bechiños (aínda que xa visibles na primavera) están máis presentes coa chegada da calor. Ademais, o pasado 20 de maio, foi o "Día Mundial da Abellas", por todo isto queremos dedicar unha parte desta proposta semanal a estes insectos tan necesarios.
Comezamos con este vídeo explicativo descubrindo algunhas das súas curiosidades:


QUE COUSA COUSIÑA É...?
Atopamos estas adiviñas sobre as abellas, pero de seguro sabedes moitas outras que nos podedes facer chegar ás titoras para que os compañerios/as as adiviñen.


QUE ABELLIÑAS TAN XEITOSIÑAS
(manualidades)
Para as/os nosas/os artistas, unha actividade plástica de confección de abellas. Xa sabedes que ésta é só unha idea, non deixedes de sorprendernos coa vosa creatividade!!


LARPEIR@S
Seleccionamos algunhas receitas nas que o mel é o ingrediente principal.... 


E, de cando en vez, un pequeno doce senta moi ben!! 

AO RITMO DAS ABELLAS!!!!!


PROPOSTA POR NIVEIS
Nivel 3 anos: SUXESTIÓNS
Nivel 4 anos: SUXESTIÓNS, LETRA R, LETRA B
NIvel 5 anos: CONTO, ORACIÓNS


domingo, 24 de mayo de 2020

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola familias!
Esta semana queremos que a ARTE sexa a nosa principal protagonista, pois sabemos que este tipo de propostas están tendo moi boa aceptación. 
Esta vez, queremos destacar a un dos pintores máis importante e significativo para a nosa cidade...
PABLO PICASSO
                               
                


Para coñecelo un pouquiño máis, a nosa compañeira Mercedes creou este vídeo explicativo que de seguro vos vai gustar e no que descubriredes datos moi curiosos: sabedes onde viviu e estudiou este famoso pintor???


E a través deste conto podemos viaxar pola súa etapa cubista desde os seus ollos de neno:

Para visitar unha galería con algúns dos seus cadros, só tedes que facer CLIC AQUÍ
Agora, podedes animarvos a pintar ún dos seus autorretraros, elexide o que máis vos guste para colorealo.

  

Podedes intentar facer un autorretrato voso ou un retrato de quen prefirades. Debuxade a forma da cara ben grande e despois ide debuxando as partes da cara como máis vos gusten. Outra técnica que pode resultar moi divertida é o collage, aquí tedes unha plantilla de partes da cara que podedes colorear e combinar ao voso gusto e despois ir pegando no autorretrato.


Para os que prefiran practicar antes no ordenador, na seguinte aplicación infantil podedes crear os retratos ou autorretratos simulando o estilo cubista de Picasso:


Tamén podedes elexir outras obras deste gran artista para reproducir ou colorear. Clicando AQUÍ, accederedes a un blogue no que atoparedes moitos dos seus cadros e varios recursos como os que vos presentamos.


AVISO IMPORTANTE!!!
PROCEDEMENTO PARA RECOLLIDA DE MATERIAL
Estimadas familias.
Seguindo instrucións da Consellería, procederemos a repartir o material que o noso alumnado de E. Infantil ten no centro.
Nada nos agradaría máis que facelo doutro xeito pero as circunstancias así nos obrigan.
Levarémolo a cabo dun xeito organizado e cumprindo unhas normas:
· Entregaremos o material polas portas de aceso do paseo marítimo.
· Haberá tres filas segundo pertenzan ao grupo A,B ou C.
· Recomendamos traer máscara e gardar a distancia de seguridade.
· Virá un adulto a facer a recollida e SEN NENOS.
· Se non pode acudir no horario establecido, pode delegar noutra persoa, facéndollo saber á titora, nese caso.
· Ante calquera dificultade poden poñerse en contacto coa titora.
O horario será o seguinte
HORAS DE ENTREGA
VENRES 29
10:00 H - 11:00 H
3 ANOS
11:30 H - 12:30 H
4 ANOS
13:00 H – 14:00 H
5 ANOS

                                          Pregamos cumpran as medidas establecidas.
                                         GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN !
                                                                                                       Un saúdo
                                                                                            Equipo de Educación Infantil

PROPOSTAS POR NIVEIS

domingo, 17 de mayo de 2020

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Ola familias!
Esta semana traemos un conto ben coñecido, aprezado e que, ademais, nos da pé a unha chea de posibilidades educativas!

"A Eiruga Larpeira"


ARTISTADAS
Para os artistas da casa, animámosvos a crear algunha manualidade na que a eiruga/bolboreta sexa a protagonista. Clicando nas seguintes imaxes podedes acceder a algunhas propostas pero non teñen por que ser éstas, utilizade o material que prefirades (mellor se é de refugallo) e creade con liberdade!! 

 



Plantilla da bolboreta clicando AQUÍ

PARA OS MÁIS LARPEIROS
Para os reposteiros da casa, seleccionamos algúns menús moi apetitosos no que a froita é o ingrediente principal. Aquí vos deixamos un enlace e un manual:


MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS
Clicando na seguinte imaxe poderedes acceder a materiales descargables, de asociación grafía-cantidade, coa temática da Eiruga


A BAILAR!!!

UN POUCO DE POESÍA
Porque os versos sempre enriquecen a alma, a nosa compañeira Mercedes recítanos este poema de Gloria Fuertes, que tamén nos fala dun vermiño de seda. Podedes copialo, aprendelo (todo ou algunha estrofa) facer un recital na casa, inventar pareados, buscar palabras que se repitan,... ou simplemente escoitalo unha e outra vez. 
Para seguir gozando da poesía en BIBLIOEUSEBIO podedes acceder a algúns títulos na entrada dedicada no seu día ao Día da Poesía.



EL GUSANO SANO 

Era un gusano
muy sano
-nunca tosía-
Era un gusano
muy sano
-sólo tejía-.
Sano y enano
el gusanito era
-sólo comía
hojas de morera-
El gusanito
no quería ser lo que era,
lloraba y lloraba
lágrimas de seda.
Se escondió en su capullo
para que nadie lo viera
-llorar-.
El gusanito
no quería ser gusano,
quería ser otra cosa.
Su deseo fue realizado,
se convirtió en mariposa.
-¡Seré mariposa blanca
porque al revolotear
quiero ser y parecer
palomita de la paz!


 (Gloria Fuertes)

PROPOSTA POR NIVEIS
Nivel 3 anos: DESCARGA 1, DESCARGA 2